jueves, 29 de septiembre de 2016

PROGRAMA DE EMPREGO XUVENIL "XESTIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL"

A ASCM está a levar o programa “XESTIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL” dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, subvencionado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, mediante resolución de data 20 de xullo de 2016, cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%.



OBXECTIVOS

O obxectivo xeral deste programa será promover a incorporación sociolaboral de persoas con discapacidade que teñan dificultades para acceder ao mercado de traballo. Como obxectivos específicos o proxecto ten:     
  • Activar mecanismos de mediación que permitan o establecemento de conexións de colaboración coas empresas da zona. 
  • Mellorar os factores persoais de ocupabilidade, integrando accións de formación e orientación laboral.
  • Facilitar o acceso ao emprego e o seu mantemento, impulsando o desenvolvemento persoal e grupal.
  • Proporcionar un coñecemento básico no manexo da informática e de internet, coma ferramentas necesarias para a inserción sociolaboral.
  • Impulsar a capacitación profesional dos usuarios a través da formación teórica e práctica no oficio, ao igual que proporcionarlles unha visión integrada do oficio, mediante o adestramento en habilidades sociais e o reforzo de técnicas instrumentais básicas, necesarias para o desempeño da especialidade elixida tendo en conta os seus gustos e intereses.
  • Traballar o desenvolvemento persoal e social e favorecer o uso de recursos comunitarios, mediante programas de terapia ocupacional e axuste persoal e social, para lograr un maior desenvolvemento persoal, autonomía e normalización, e conseguir unha integración laboral.
  • Realizar avaliacións do programa, para unha mellora continua do mesmo.
  • Promover a inserción laboral das persoas con discapacidade no mercado de traballo mediante a práctica nos obradoiros e nas diversas actividades desenvolvidas no programa.
  • Promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como, a conciliación familiar e laboral no marco do proxecto.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario